Música N´aldea naceu nun ano no que non era fácil nacer: o 2020.
Era o primeiro verán respirando a través dunha máscara, véndonos ao lonxe e acostumándonos ás cancelacións de todos os eventos.
Neste contexto de restricións e de aprender a vivir no medio dunha pandemia botou a andar Música N’aldea, para que a veciñanza de Rois non quedase sen as festas patronais.
Xa que a xente non podía ir á festa, se cadra a festa si que podía
achegarse a ela.
Música N'Aldea ten un carácter nómada, cada ano a anfitrioa será unha aldea da parroquia de Rois.
Da forma máis sinxela posible, con música en acústico e pequenos grupos o festival pretende poñer en valor as eiras, os quinteiros, os lavadoiros… Todos aqueles espazos que foron testigos e centro da vida que nos precedeu.
Recollemos e coidamos do patrimonio que nos deixaron, pero tamén o reinterpretamos e lle damos unha nova vida.
Onde antes mallaban o liño ou o torreiro onde festexaban o fin do traballo, serán agora os escenarios da Música N’aldea. Queremos devolverlle o protagonismo que tiveron, aínda que sexa unha vez ao ano, porque seguro que as notas e os bailes aínda rezuman na súa memoria.
Edición 2023
Nacemos con identidade e con orgullo, pero tamén con compromiso, compromiso cos problemas que nos afectan na vida diaria.
Na nosa teima por ir aportando cousas novas ao festival decidimos vincular cada edición a un problema, a unha inxustiza,
a algo que como sociedade non estamos a facer ben.
Esta primeira edición solidaria vai estar adicada á loita contra a Violencia de Xenero,
e parte do recaudado pola venta de camisetas vai ser cedido a algunha asociación que axuda as víctimas dos malos tratos.
Outra novidade que imos incluir é a ampliación das datas, dende este ano o evento vai pasar de un a dous días,
podendo así optimizar mellor a
infraestructura e aumentar as actividades e a oferta cultural
Crea tu propia página web con Webador